En Boiro comezan a achegarse as axudas do PEL-Reactiva a 170 persoas autónomas e empresas locais

07 Abril 2021

O Concello de Boiro vén de aprobar unha parte dos pagos das axudas do PEL-Reactiva que o Goberno local concede en virtude do financiamento da Deputación da Coruña. Os pagos ás persoas autónomas e empresarias (un total de 170) que saíron beneficiadas das axudas do programa da entidade provincial faranse efectivos a longo dos vindeiros. Os apoios en Boiro ascenden a 334.000,00 euros.

Co devandito importe, as empresas beneficiarias puideron xustificar gastos de compra de material antiséptico, produtos hixiénicos e de limpeza; sufragar gastos de arrendamento e canon tales como maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación e conservación ou adaptacións de locais as medidas de protección fronte a COVID-19; primas de seguros ou subministracións.

As axudas repartíronse en tres grupos, o primeiro deles para microempresas e autónomos que se visen afectados polo peche do estado de alarma, no que hai 151 beneficiarios e se concede un importe total de 297.500 euros. O grupo 2, destinado a aquelas que non se visen afectadas polo peche pero que a súa facturación no segundo trimestre se vise reducida un 75%, no que hai 14 concesións por un importe total de 24.000 euros. O grupo 3, para aquelas que se visen na obriga de acollerse a un ERTE, no que hai 5 beneficiarios, cun importe total de 12.500 euros.

As solicitudes presentadas foron puntuadas segundo os criterios establecidos nas bases, iguais para todos os concellos da provincia, e os pagos dos importes correspondentes a cada empresario ou autónomo que foron aprobados na xunta de Goberno boirense deste 7 de abril, comezaran a efectuarse nos vindeiros días.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.