En Boiro, 42 mulleres melloran a súa empregabilidade da man do Concello

26 Abril 2021

En Boiro 42 mulleres demandas de emprego están a formarse profesionalmente para acceder nas mellores condicións ao mercado laboral. Esta acción formativa, que se desenvolve no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, vén da man da Concello, a través do Programa Integrado de Emprego financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. Estes días as participantes remataron un módulo orientado a mellorar as capacidades para a busca de emprego das persoas participantes.

A través de varios cursos online, as persoas inscritas no PIE 2020-2021 do Concello de Boiro profundaron na elaboración dun currículo e dunha carta de presentación, en como afrontar unha entrevista de traballo, nas principais habilidades comunicativas, en motivación e autoestima e tamén en técnicas de adestramento (coaching) para o emprego.

Levouse a cabo tamén formación específica en materia de emprendemento para aquelas persoas que teñan unha idea de negocio ou non descarten o emprego por conta propia.

Nas vindeiras semanas van recibir tamén formación orientada á industria alimentaria de produción e envasado co claro obxectivo de fomentar a creación de emprego na comarca do Barbanza. Neste eido estase a realizar tamén intermediación coas empresas para dar a coñecer o devandito Programa boirense e dotalas de candidatas formadas para os postos máis demandados.

O Programa Integrado de Emprego 2020-2021 do Concello de Boiro combina a formación online coa presencial para fomentar a condición familiar e laboral das participantes e está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.