Domingo inestable con alerta amarela por tormentas

24 Abril 2021

Galicia continuará durante o domingo nunha situación de inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros e chuvascos, localmente treboentos, máis probables pola tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas no extremo norte. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable, virando progresivamente ó nordés na costa norte.

A maior parte de Galicia entrará en alerta amarela este domingo por tormentas ocasionalmente fortes que se espera que teñan lugar a partir das 15,00 horas.

Segundo detalla Meteogalicia, a inestabilidade continuará sendo predominante este domingo, polo que as tormentas poden alcanzar puntualmente unha forte intensidade.

As zonas afectadas serán a provincia da Coruña e o interior e a zona do Miño en de a de Pontevedra. Tamén se esperan tormentas na provincia de Lugo, en concreto, na Mariña, o centro e a montaña, así como na montaña de Ourense.

A alerta amarela activarase en todas estas zonas por tormentas ocasionalmente fortes a partir das 15,00 horas e permanecerá vixente ata as 21,00 horas.

O inicio desta fin de semana estivo marcado este sábado pola presenza da borrasca ‘Lola’ no Atlántico, o que deu lugar a chuvascos . Así, producíronse riadas na Coruña e activouse a alerta amarela na provincia homónima entre as 15,00 e as 21,00 horas do sábado.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:233.7 m
Baixamar09:390.5 m
Preamar15:503.7 m
Baixamar21:530.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:143.6 m
Baixamar09:290.6 m
Preamar15:413.6 m
Baixamar21:440.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:193.7 m
Baixamar09:350.5 m
Preamar15:463.7 m
Baixamar21:490.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.