Dodro reivindica con dúas rutas o seu patrimonio natural e literario

07 Abril 2021

A festividade da Semana Santa foi o intre elixido polo Concello de Dodro para compartir con residentes e visitantes os seus moitos tesouros ambientais, paisaxísticos e patrimoniais. Fíxoo dando a coñecer os detalles de dúas rutas de sendeirismo: a das Aldeas de Riba de San Xián de Laíño, que percorre os núcleos de Rialiño, Paizal, Traxeito e Pexegueiro (saíndo da área recreativa da Fonte Primeiral); e máis a ruta Os Días Olvidados, que percorre os lugares nos que viviu o poeta local Eusebio Lorenzo Baleirón (1962-1986).

Os dous itinerarios están dispoñíbeis para móbiles en Wikiloc para a comunidade de camiñantes.

Sobre a primeira ruta, o Concello destaca a oportunidade que brinda para descubrir as numerosas fontes e regatos que abeiran e acompañan as devanditas aldeas, a maioría dos arroios confluíndo no Rego de Vigo que ten o seu nacemento nas Veigas de Pexegueiro.

O segundo percorrido lévanos por lugares de gran importancia para vida do poeta, polo que se presentan como un xeito inmellorábel de contextualizar o seu legado ao tempo que se amplía o coñecemento sobre as terras de Dodro. Grazas á ruta visitaremos enclaves como o Cruceiro de Gradín, o Lavadoiro de Tarrío, a casa do poeta en Tarrío, a aldea e o Pazo de Tarrío, a casa indiana de Brañeiro ou a Escola de Chenlo, onde estudou o escritor na súa nenez.

Outros artigos

O Concello de Dodro toma medidas pola ameaza da seca

A situación de diminución progresiva nas reservas de auga do concello de Dodro obriga ao Concello a tomar medidas. O obxectivo, en palabras do Consistorio, "é garantir o abastecemento de auga para o consumo humano e os usos esenciais". Engade que en todo caso "son...

+

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.