Convocado o proceso para cubrir 104 prazas de auxiliares de Policía en 27 concellos, Noia incluída

08 Abril 2021

Noia está entre os 27 concellos galegos incluídos na nova convocatoria da Xunta para cubrir prazas de auxiliares de Policía Local, unha cifra total de 104. Segundo fai saber Vicepresidencia, o procedemento será de oposición por quenda libre e permitirá, aos que o superen, ser contratados en réxime laboral temporal.

Os aspirantes deberán ter cumpridos os 18 anos e estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou equivalente, ademais de ter unha estatura mínima de 1,65 metros nos caso dos homes e de 1,60 no caso das mulleres.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, e deberán presentarse, preferiblemente, na sede electrónica da Xunta de Galicia. Posteriormente publicarase no DOG a relación de persoas admitidas e excluídas e, na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, as datas de celebración das probas selectivas e demais comunicacións dos procesos.

Os concellos que convocan as 104 prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambados, Cangas, O Carballiño, Cedeira, Fene, Gondomar, Malpica de Bergantiños, Meaño, Miño, Mugardos, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ortigueira, Poio, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.