CONGALSA abre o prazo de inscrición para a súa nova Andaina Solidaria, que será novamente virtual

30 Abril 2021

A empresa alimentaria CONGALSA, con sede na Pobra do Caramiñal, vai dar un novo paso en materia solidaria, un ámbito de actuación no que a firma de produtos do mar é xa un referente. En concreto, informou de que este 1 de maio abre o prazo de inscrición para a sexta convocatoria da súa andaina solidaria. Novamente celebrarase de xeito virtual (por mor da situación sanitaria actual e tendo en conta o éxito da anterior entrega, o ano pasado, que se desenvolveu baixo un formato análogo e conseguiu mobilizar a unha chea de camiñantes).

Este ano, como novidade, as e os participantes poderán descargarse unha aplicación móbil na que rexistrarán todos os quilómetros que realicen e que, con posterioridade, a empresa converterá en euros para destinar a diferentes entidades benéficas da comarca do Barbanza.

A andaina solidaria desenvolverase entre o 1 e o 30 de xuño e haberá agasallos (a camiseta oficial da andaina) para todas as persoas que se inscriban con antelación, entre o 1 e o 17 de maio.

O devandito pode facerse xa a través da web deporticket.com.

CONGALSA marcouse como reto “superar a ampla participación do ano pasado no que tomaron parte na iniciativa un total de 620 persoas”.

Respecto da aplicación móbil que deberán empregar as e os participantes, a empresa indica que non se limitará a ser un acubillo no que rexistrar os quilómetros da andaina que leven a cabo, senón que tamén se poderá deixar constancia nela dos adestramentos de cada quen.

Tres euros de cota solidaria

Do mesmo xeito que o ano pasado, a andaina está aberta non só aos traballadores da empresa, senón tamén aos seus familiares, amigos, a representantes de entidades colaboradoras e a toda aquela persoa que queira colaborar, con independencia da súa localización xeográfica.

CONGALSA explica que ao completar o formulario de inscrición, as e os participantes deberán abonar unha cota solidaria de tres euros. Porén, se se desexa colaborar sen realizar quilómetros tamén se pode efectuar a doazón a través do dorsal 0.

Unha vez inscritas, as persoas participantes recibirán un correo electrónico co seu dorsal, a ligazón para descargar a aplicación móbil e un formulario ao que poderán remitir as súas fotografías co dorsal.

A compañía da Pobra do Caramiñal realizará un vídeo conmemorativo da iniciativa, con imaxes das e dos camiñantes, que divulgará en diferentes canles corporativas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.