“Condóns ao por maior”. Antón Luaces

28 Abril 2021

Os pescadores do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste recibiron con satisfacción a nova pola que se lles comunicaba estes días a aprobación pola Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca dun  incremento do 12,5% nas cotas de bonito e o intercambio de especies (250 toneladas de pescada sur) por 100 toneladas de peixe espada con Portugal, feito que non resultou da aprobación dos arrastreiros. Pero a opinión pública, en xeral, ficou absolutamente abraiada pola triste nova da existencia de pesca ilegal de moitas toneladas de cigala, carioca (pescada pequena) e xarda, que practicaron en días recentes non poucos barcos que faenan no citado caladoiro Cantábrico Noroeste.
No mar sábese destas ilegalidades. E aínda así, cálase. Pero os infractores coñecen sobradamente que os expedentes abertos pola Garda Civil difícilmente van ser cerrados antes de que as autoridades xudiciais tomen cartas no asunto. Todos están pendentes de sancións porque nuns e noutros casos, cigala, carioca e xarda foron capturadas con aparellos aparentemente legais que no seu interior levaban outro aparello de malla moi inferior que, coñecido popularmente como “condón”, pesca todo canto se lle pon a tiro.Carioca e cigala foron capturadas en Galicia pola Garda Civil e o Servizo de Gardacostas a barcos galegos. En Euskadi, un arrastreiro de Ondárroa foi fotografado cos aparellos xa izados a bordo, rebosantes de xarda ao parecer capturada co método do condón en augas de Francia. A fotografía chama a atención de propios e estranos nas redes sociais.
Non son todos os barcos do citado caladoiro Cantábrico Noroeste, pero os que utilizan o “condón” non son, nen moito menos, poucos. Estes recorren á ilegalidade como recurso para gañar máis e sen en conta o dano que  causan ao caladoiro e os stocks aos que se dirixen. A xarda, no caso do arrastreiro basco, “caeu” como chovida do ceo porque son moitas as toneladas de peixe izadas a bordo dese xeito tan absurdo como é o uso do “condón” que fai que se reduzan os exemplares que quedan como reprodutores e que os prezos das vendas do peixe así capturado sexan tan baixos que da noxo sair a pescar.Din algúns mariñeiros que hai barcos que sempre levan o condón e que agochan este antes de entrar a porto. Se nas instalacións portuarias non se levan a cabo inspeccións a bordo, indirectamente estase a contribuir ao mantemento desa manifesta ilegalidade, porque o ollo de malla do aparello exterior, en nada ten que ver con do interior ou “condón”.
Un armador da Costa da Morte dicíao ben claro: “Usar o condón para pescar é un mal que debe ser erradicado de vez, como tamén debe facerse coa parella -barcos que navegan á par, separados un do outro uns 700 metros e que levantan 90 metros de altura, arrasando por completo canto hai no mar e sen diferenciar pesqueiras. O que lles sirve para a venda, tráeno ao porto. E o que non, guíndano ao mar. Isto non é pescar. Os mariñeiros xa non temos conciencia de clase”.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.