O BNG reclama axudas para os mariñeiros mentres dure a veda do polbo

16 Abril 2021

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez, rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar “axudas compensatorias” para os mariñeiros mentres dure a veda do polbo (do 1 de maio ao 5 de xullo), unha especie cuxa captura representa o 70% dos ingresos do sector. Segundo fixo saber Pérez, ao feito de ser unha especie crucial para a economía de mancheas de familias hai que sumar as consecuencias da pandemia e as restricións. “Isto fai necesario compromiso da Consellería do Mar para establecer axudas compensatorias para os mariñeiros mentres dure a veda desta especie”, dixo.

A deputada explicou que no pasado mes de outubro, o Grupo Parlamentar do BNG trasladaba ao Parlamento galego, a través de diferentes iniciativas, a grande preocupación de moitos mariñeiros tras “a nefasta campaña do polbo do pasado verán con apenas o 10% das capturas dos últimos anos”. Pechado o ano 2020 e a día de hoxe, asegura a deputada, os datos “son moi alarmantes”. As vendas nas lonxas galegas diminuíron un 60%, a facturación fíxoo nun 40% e das máis de dúas toneladas capturadas no 2019, apenas foi capturada una no 2020.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.