Baobab Teatro leva o seu espectáculo infantil Ás para Álex á Casa da Cultura de Boiro

20 Abril 2021

Este venres 23 vaise representar en Boiro o espectáculo teatral Ás para Álex, de Baobab Teatro. Será no salón de actos da Casa da Cultura, a partir das 20.00 horas. Trátase dunha obra moi acaída para público infantil e familiar, que narra a historia de Álex, un neno de oito anos ao que lle encanta correr, xogar e combinar coas amizades, amais de ir ao parque e xogar ao fútbol, até que un día o seu corpo deixa de responderlle e descobre que non pode realizar todas as actividades que lle gustan.

A obra, dirixida, por Andrea Bayer e Óscar Herrera, é un achegamento a algúns dos principais problemas cos que se topan as nenas e nenos dende idades temperás, tentando achegarlles unhas cantas claves e unhas cantas respostas para o caso de que vexan na circunstancia de ter que superar obstáculos de desenvolvemento, comunicación, autoafirmación ou autocoñecemento.

A capacidade é limitada. A reserva de entradas pode facerse no propio día do espectáculo a partir das 17.30 horas. O número máximo de entradas que se pode reservar por persoa é de cinco.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.