As letras galegas toman as redes da man da Deputación da Coruña e da iniciativa #Librosparasermoslibres

28 Abril 2021

Unha parte relevante das celebracións do 17 de maio do departamento de Cultura da Deputación da Coruña vai ter lugar nas redes sociais. Nesta axenda destaca unha nova edición de Libros para Sermos Libres, co-impulsada pola área de Normalización e co punto de vista posto na celebración e reivindicación do legado de Xela Arias (homenaxeada no Día das Letras) e, por extensión, na nosa lingua e na nosa cultura.

Máis polo miúdo, a iniciativa #Librosparasermoslibres difundirá a través da Rede contidos relacionados co mundo editorial dirixidos a fomentar a lectura en galego. A campaña recollerá en vídeo mensaxes de apoio de caras recoñecíbeis ao noso mundo editorial. Asemade, farase referencia aos distintos premios cos que a Deputación fomenta a creación na nosa lingua.

A iniciativa ten de partida o mellor dos precedentes: o éxito da experiencia levada a cabo o ano pasado, auspiciada polo boom das redes sociais motivado pola pandemia e, tamén, pola vontade xeral de reivindicar a gran cantidade de ingredientes saudábeis que teñen os libros para mitigar calquera tipo de adversidade (por exemplo a da COVID-19).

Ao abeiro de #Librosparasermoslibres, sortearanse bonos-libros que as e os internautas poderán utilizar en calquera libraría da provincia da Coruña que elixan.

Cultura da Deputación convicará a enviar fotos ou micro-vídeos (máximo 1 minuto). As persoas participantes recomendarán unha obra en lingua galega coas etiquetas #fiestrasabertas e #librosparasermoslibres. Sortearanse 21 bonos-libros de 100 euros que as persoas gañadoras poderán empregar en calquera libraría da provincia da Coruña. Como medida simbólica de apoio a este sector, o importe total destes bonos increméntase un 40% con respecto á primeira edición

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.