A rapazada de Dodro participou nunha recollida de cabichas e restos de botellón

15 Abril 2021

Ao abeiro do programa Dodro Sostible, impulsado polo Concello para fomentar entre a poboación hábitos respectuosos co medio ambiente, poñendo o foco nas novas xeracións, vén de levarse a cabo unha iniciativa colectiva para limpar de cabichas e outros residuos a contorna do Pavillón Polideportivo e outros lugares do concello.

Participaron alumnas e alumnos de quinto de Primaria e terceiro de Secundaria do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. A iniciativa formou parte das accións Limpa Dodro de cabichas para concienciar á cidadanía da contaminación que xeran estes residuos plásticos, que tardan décadas en degradarse. A actividade, amais de para sensibilizar a participantes e veciñanza sobre a importancia dunha correcta xestión dos refugallos, serviu tamén recoller os restos de botellas e outros desperdicios deixados pola xente que decote participa en botellóns ao carón do pavillón. O Concello aproveitou para facer un novo chamamento ao civismo en relación con estes feitos, que son preocupantes en calquera época do ano e que nestes tempos de crise sanitaria son aínda de meirande risco.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.