A Feira do Libro de Rianxo celebrarase entre o 22 e o 25 de xullo

19 Abril 2021

A Federación de Librarías vén de compartir nas redes o calendario das feiras do libro para esta tempada de primavera e verán, un período de actividade polas alamedas e os centros urbanos das nosas cidades e vilas que se estenderá dende o 23 de abril até o 28 de agosto.

A primeira das citas, que como todas as demais desenvolverase baixo as máis estritas medidas de seguridade, é en Ferrol, na praza da Constitución, até o 25 de abril. Logo serán as quendas de Compostela (dende o 8 de maio até o 17, na Alameda), do Porriño (Dende o 27 de até o 30 de maio, na rúa Ramón González), de Ourense (no paseo das Burgas do 2 ao 5 de xuño), de Redondela (do 17 ao 20 de xuño, na Alameda), de Vigo (dende o 1 até o 10 de xullo no Príncipe) e de Ponteareas (na praza Maior, do 15 ao 18 de xullo).

O itinerario de xullo rematará simbolicamente en Rianxo, onde se vai desenvolver a feira entre os días 22 e 25 de xullo, coincidindo a finalización do acontecemento libreiro co Día da Patria.

Polo que respecta a agosto, a xira será a seguinte: primeiro os Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, entre o 1 e 10 de agosto; logo os xardíns Noriega Varela de Viveiro, entre os días 13 e 16; a continuación a praza Conde do Fontao de Foz, do 19 ao 22; e para rematar a rúa do Cardeal de Monforte entre os días 25 e 28 de agosto.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...