A Deputación e AGALURE impulsan un programa de prevención da ludopatía nos centros escolares da zona

05 Abril 2021


A Deputación da Coruña puxo en marcha hoxe un novo programa piloto de prevención
da ludopatía, que se impartirá nos centros educativos da provincia, coa colaboración
de AGALURE, entidade de referencia no tratamento da adicción ao xogo.
O programa desenvolverase durante este ano en 18 centros educativos de ESO, entre
os cales se atopan o Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, o Cernadas de Castro de
Lousame e o IES Félix Muriel de Rianxo. A iniciativa está centrada especialmente nas
apostas deportivas e o xogo online, en auxe nos últimos tempos e, segundo datos da
entidade, o máis habitual entre a mocidade.
O presidente provincial, Valentín González Formoso, visitou hoxe xunto á deputada de
Benestar Social, Ana Lamas, a sede de AGALURE para presentar o programa co que
pretenden “concienciar á mocidade dos importantes riscos que entrañan estas novas
modalidades de xogo”.
Por último, a entidade herculina, AGALURE, comentou que a “adición ás maquinas
tragamoedas descendeu nos últimos anos, máis as apostas deportivas e o xogo online
experimentou un notable incremento, polo que demandamos ás autoridades un
control estrito para os sectores vulnerables, como son os menores e as persoas que
teñen autoprohibido o xogo”.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.