A Deputación destina máis de 2 millóns de euros á mellora e profesionalidade do sector turístico

21 Abril 2021

A Deputación da Coruña destina máis de 2 millóns de euros á mellora e profesionalidade do sector. En concreto, 1.263.636 euros distribuiranse á xestión de asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos, cos que se pretende aumentar a calidade e a organización de actividades. Os 787.812 euros restantes ofreceranse para a contratación de persoal técnico para os concellos.

O deputado de Turismo, Xosé Regueira sinalou que “neste ano e, coa situación que estamos a vivir, as dúas liñas de subvencións son aínda máis necesarias, xa que suporán unha inxección económica de gran valor para as urxencias que se impuxeron despois da aparición da COVID-19”. De feito, tanto os distintos entes de xestión como os concellos, precisan adaptar o sector a esta nova situación e ofrecer destinos de calidade, seguros e saudábeis.

Na resolución do BOP ven establecido que a concesión do 1.263.635€ euros destinarase a 16 entidades. Entre elas destacan asociacións de concellos como os do Camiño da Ría de Muros-Noia. No referente ás axudas para a contratación de persoal, a convocatoria permite que 56 concellos de menos de 50.000 habitantes poidan contar con especialistas no sector para a xestión dos novos retos post-pandemia. Segundo Xosé Regueira, “a profesionalización das áreas municipais é tamén un dos obxectivos da área de Turismo da Deputación da Coruña, que aposta claramente por unha oferta de calidade”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.