“A Consellería do Mar é quen debe planificar a captura do polbo”. Antón Luaces

09 Abril 2021

Está nas mans de “mamá Rosa” (así denomina o sector da pesca de baixura á conselleira do Mar, Rosa Quintana) regular debidamente a campaña do polbo en Galicia. E debe comezar, segundo o propio sector, pola aplicación dun paro biolóxico de polo menos tres meses que non impida os desove das femias. Só deste xeito, afirma un dos máis cualificados defensores deste segmento de frota, se pode recuperar unha pesqueira da que viven por término medio 700 embarcacións galegas a maior parte de cada ano.

O paro biolóxico debe levar aparellada unha indemnización para cada embarcación afectada, o que obriga á Consellería -por sí soa ou coa mediación da Secretaría General de Pesca e mesmo a da Unión Europea- a un desembolso económico máis ou menos importante, pero que retira a eses 700 barcos de todos os caladoiros de pesca nos que poden faenar a outras pesqueiras, un feito que redunda en beneficio dos propios caladoiros á vez que permite a recuperación verdadeira do polbo galego.Para que a veda sexa efectiva, o periodo de paro debe cadrar coa época de desove das femias e non como se está a facer nos últimos anos, nos que se ben se prohibe a comercialización de femias ovadas,  moitas destas están nos mercados porque non todos os “polbeiros” saben distinguir cando unha femia está ou non ovada.

I é que o polbo, cando está ovado, leva as crías na cabeza. As novas xeracións de polbo non están á vista dos mariñeiros, como acontece coa  centola ou a nécora, entre outras especies. No polbo de tamaño grande, con peso aproximado de quilo e medio, non resulta doado  recoñecer se a femia está ou non ovada; pero é que polbos desa talla ou medida non está prohibido traélos a terra. O pior é que, dende vai aproximadamente un mes, entra moita femia ovada, motivo polo que as confrarías de pescadores demandan da Consellería do Mar -órgano sobre o que recae a responsabilidade da xestión do polbo como recurso mariño- que sexa quen determine o tempo necesario para o desove e, sobre esta certeza, aplique o tan demandado paro biolóxico de tres meses.

Para o sector “polbeiro”, a Consellería do Mar é a verdadeira culpable da escaseza do polbo en Galicia por non lexislar axeitadamente e por permitir que o polbo sexa o produto “comodín” para moitas embarcacións de artes menores que capturan polbo cando non teñen posibilidades doutras pesqueiras, impedindo desta maneira que a do polbo recupere.  E menos aínda, se o fan en época de desove, algo co que a Consellería debe rematar de vez.

“Unha norma mal aplicada -afirma o noso informante- fai máis dano ca calquera actividade furtiva”. A proba está, asegura o sector, no polbo, cuxa veda é ano tras ano máis curta e deste xeito non se lle da tempo para a recuperación.

Redundan outros mariñeiros na necesidade do paro biolóxico que debe garantir, na época do desove, “a conservación das femias ovadas”. “Por mor das necesidades destes últimos anos, a xente non respecta nin siquera as femias ovadas. Tampouco as tallas mínimas establecidas nun quilo -asegura Edu E.- . Polo tanto, dada a dificultade natural da especie para prosperar e pasar de larva a alevín, sumándolle a este proceso a depredación natural, resulta imprescindible garantir o ciclo biolóxico que, por outra banda, “está a ser moi complicado, mesmo desde a formulación estacional exacta xa que está a haber  moita controversia neste tema ao se ver femias ovadas en épocas que antano non se vían. Posiblemente para adaptárense ás circunstancias actuales de cambios climáticos”.

Xa pasou o mesmo, como se lembrará, coa pescada na idade da súa madureza sexual e reproductora.”Debiamos realizar un paro biolóxico -engade Edu E.- facendo que a frota polbeira reflicta a súa actividade como centrada no polbo en calidade de especie obxectivo para, deste xeito, poder amarrar e conservar o emprego. Deste xeito permitiríase a recuperación dos stocks e non se incrementaría a presión pesqueira  noutras especie debido ao amarre da frota polbeira”.

Compriría asimesmo reducir o número de nasas a bordo: 100 unidades por barco e 50 por mariñeiro cun máximo de incremento de 150, e topes diarios de 150 quilos por barco, con término medio de talla dun quilo. Tamén a aplicación de sancións por delicto contra o medio con retirada por tempo indefinido do permex en caso de  reincidencia.

“Mentres non se tomen en serio estas medidas -recalca Edu E.- o polbo non terá capacidade de recuperación: abundará no comezo de campaña e, en cuestión dunhas semans ou días todo será polbo pequeno que se matará por necesidade  e porque ten boa venda polas liñas tradicionais. Eu vexo a diario como se despacha directamente polbo pequeno no mesmo peirao, como entre os mesmo mariñeiros fan turnos de vixiantes sobre os que oficialmente están de vixilancia,  para evitaren denuncias polos encargados do control. Deste xeito o sector está, máis que ao verdadeiro asunto, meténdose entre os pés dos cabalos”.

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

Martes, San Xosé, con nubes e claros e lixeira baixa da temperatura

O martes será unha xornada de transición. Con esta situación, comezaremos con bancos de néboa no interior e ceos parcialmente cubertos. Co avance da mañá iranse abrindo grandes claros e pola tarde podería repetirse algún fenómeno tormentoso no interior. As...

+

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

El primer principio del Manual del Buen Corrupto es la petición que el subordinadohace a su jefe: “No te pido que me des, te pido que me pongas allí donde se reparte eldinero” y ya se encargará él de que ese reparto sea equitativo de acuerdo con la máximael que parte...