A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza convoca actos polo día da República en Lousame

15 Abril 2021

A Comisión pola Recuperación da memoria Histórica da Barbanza (CRMHB) vén de anunciar unha serie de actos polo día da República que terán lugar o sábado día 17 ás 18:00 horas no Monumento ás Vítimas do Franquismo no Confurco (Lousame).

A xornada terá como protagonista o traballo realizado por Aurora Marco, que será nomeada como Republicana da Honra deste ano. A doutora en Filosofía e Letras, catedrática de Lingua e Literatura Galega e investigadora destaca sobre todo polo seu papel como muller comprometida coa visibilización do traballo das mulleres ao longo da historia e a represión que sufriron durante o Franquismo.

No acto tamén se realizará unha ofrenda floral e contarase coa participación musical de Barahúnda e Bety Pillado. A homenaxe levarase a cabo baixo as medidas de seguridade establecidas pola autoridade por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.