Xoves e venres regresa a choiva e caen as temperaturas

31 Marzo 2021

O xoves quedaremos na influencia dunha borrasca pouco profunda situada ao oeste de Galicia que nos traerá unha xornada de moita inestabilidade atmosférica. Teremos así un día de ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto, ocasionalmente de carácter tormentoso. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios ou en lixeiro descenso e as máximas sufrirán un notable descenso. O vento soprará moderado de compoñente sur pola mañá e quedará frouxo de dirección variable a partir do mediodía.

Aínda durante a xornada do venres persistirá certa inestabilidade atmosférica polo que non se agardan cambios significativos na situación meteorolóxica. Os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos de carácter tormentoso probables en calquera punto. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos no litoral norte. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, máis intensos no litoral norte.

Fin de semana regresa sol e calor.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.