Visibilizar o papel feminino no mundo do mar no Premio Muller Salgada

07 Marzo 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe a importancia da unidade feminina para reivindicar e visibilizar o papel da muller no
mundo do mar. Así o expuxo durante o acto de entrega do I Premio Muller Salgada, creado pola Asociación de Mulleres do Mar de Arousa e concedido á armadora Raquel Souto. Alí a titular de Mar tamén salientou o valor de iniciativas como a deste recoñecemento, que vai máis alá do traballo, o esforzo, a experiencia e o coñecemento do sector dunha muller.
Ademais a conselleira, que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, sinalou que o Premio Muller Salgada é “para todas as mulleres solidarias, positivas e valentes que deron un paso adiante polas súas familias, por elas mesmas e por Galicia”. “Compañeiras que traballaron onte e hoxe para mellorar as condicións profesionais e socioeconómicas de todo o colectivo”, engadiu.
Nesta liña referiuse á galardoada como unha boa mostra de todos eses valores e recoñeceu o seu labor e a responsabilidade que demostrou traballando desde moi nova e tamén durante o seu cargo como patroa maior da confraría de Cabo de Cruz. Ademais a conselleira puxo a Raquel Souto como exemplo de boa xestión, compañeirismo e valentía e salientou o
seu esforzo diario e constante que se suma aos exemplos “de moitas mulleres descoñecidas, que pelexaron polos nosos dereitos, pola igualdade e por un traballo digno”.

O Premio Muller Salgada é unha iniciativa creada pola Asociación de Mulleres do Mar de Arousa con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Ten como obxectivo homenaxear o rol feminino dentro do sector marítimo-pesqueiro que contribuíu de xeito activo ao seu desenvolvemento e progreso aportando traballo e esforzo para a mellora das condicións profesionais, económicas e sociais do sector pesqueiro. Nesta primeira edición a homenaxeada é Raquel Souto, que comezou a traballar como mariscadora a flote da confraría de pescadores de Cabo de Cruz, foi patroa maior desta entidade entre o 2014 e o 2018 e na actualidade é armadora.
A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, da que parte este recoñecemento, naceu en 2017 para reivindicar e visibilizar o papel activo das mulleres vinculadas ao mundo do mar na zona das Rías Baixas. Na actualidade conta cunhas 1.500 socias entre traballadoras, confrarías e outros colectivos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...