SumaRibeira demanda un regulamento que garanta a transparencia e o acceso aos datos públicos do Concello

24 Marzo 2021
Xurxo Ferrón, voceiro de SumaRibeira

SumaRibeira vén de anunciar que vai reclamar no vindeiro pleno municipal a creación “dun regulamento que garanta a transparencia e o acceso á información pública do Concello, a través dunha comisión na que estarán integrados todos os grupos políticos e na que se terán en conta as achegas de veciños e veciñas”.

Segundo fai saber a agrupación, a proposta en o obxectivo de “corrixir a continuada e pertinaz mala praxe” do Goberno local respecto da publicidade de información relevante para a cidadanía, no relativo tanto á actividade municipal como á acción de Goberno.

O seu concelleiro, Xurxo Ferrón, SumaRibeira considera “fundamental” unha iniciativa destas características para “pór fin á opacidade do Executivo ante temas tan importantes como a información sobre as axudas para a reactivación económica e social do Concello, o Plan PEL-Reactiva, ou o novo regulamento de uso de aeronaves pilotadas por control remoto, en período aínda aberto á presentación de alegacións.

Sobre o PEL-Reactiva, a agrupación critica que na páxina web municipal só estea publicado o importe de cada axuda concedida e o número de rexistro e de expediente, “mais non a identidade das empresas beneficiarias”, explican.

Sobre o novo regulamento de aeronaves pilotadas por control remoto, SumaRibeira denuncia “que nin se lle facilitou ao veciño que o requiriu publicamente a través da páxina de Facebook Cambiemos Ribeira e que pediu aos partidos que solucionaran esta ausencia de información; nin se atopa exposto na páxina web municipal”. A agrupación engade que segundo o Boletín Oficial da Provincia do 1 de Marzo, unha vez aprobado, está en fase de exposición publica durante 30 días para poder presentar alegacións. “Na data na que se rexistra esta proposición”, explica Ferrón, “xa transcorreron once días dos trinta concedidos e segue sen estar público e accesíbel na Rede”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.