Ribeira homenaxeará ás doutoras no Día da Muller o do 8 de marzo

07 Marzo 2021

O Concello de Ribeira xa está inmerso nos preparativos do programa do Día Internacional da Muller do vindeiro 8 de marzo, que nesta décimo novena edición se quixo dedicar a un dos colectivos profesionais máis implicados na loita contra o covid. Así, e dado que en convocatorias anteriores xa
se homenaxeou a enfermeiras e auxiliares de enfermería, optouse por render tributo ás doutoras que son ou traballan en Ribeira: máis cen, segundo o reconto efectuado.
A concelleira de Igualdade, Ana Ruiz, e a directora do Centro de Información á Muller, Dolores Crujeiras, presentaron esta programación, que inclúe ademais un autocine, unha campaña en liña pola igualdade e un concurso de TikTok.


Tocante á homenaxe ás doutoras, terá lugar o propio luns 8 a través
dun acto por streaming ás 12 do mediodía que contará, ademais de
coa parte institucional, cun relatorio ofrecido pola prestixiosa
epidemiológa especializada en xénero María Teresa Ruiz Cantero,
catedrática de medicina preventiva e saúde pública.
Menú-cine
O venres 12 a partir das 19.30 horas na zona de aparcadoiro fronte
ao CIFP Coroso haberá un autocine cos proxección da película
“María Solinha”, que recrea a vida desta muller galega que foi
represariada polas súas ideas. O acceso será gratuíto ata encher
aforo e os asistentes terán a posibilidade de comprar algúns dos
menú-cines que se porán en marcha nunha iniciativa impulsada en
colaboración coa Asociación de Empresarios pola cal
establecementos locais de hostalería serán os encargados de
realizalos (as xestións aínda están abertas e todo aquel local que o
desexe pode sumarse poñéndose en contacto co CIM).
Tamén lanzará unha campaña en liña pola igualdade pola que se
distribuirán diversos materiais como unha guía práctica da linguaxe administrativa inclusiva ou sendos documentos sobre o rompemento
de estereotipos de xénero nos ámbitos da saúde e da educación.
Por último cómpre salientar outra novidade consistente nun concurso
de TikTok pola igualdade que leva por nome “Eu tamén sei facer, e ti
que fas?”. As persoas que queiran participar terán que gravar un
vídeo nesta rede social coa temática da igualdade de xénero e
etiquetar o vídeo no perfil @cimribeira, previo envío dun formulario
de inscrición ao correo ribeiradinonvx@ribeira.gal.
O prazo comeza hoxe mércores e remata o 12 de marzo. Haberá
tres premios: unha tablet, uns auriculares inalámbricos e un
altofalante de bluetooh. Sempre que a situación sanitaria o permite,
entregaranse en acto público.

Outros artigos

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira) Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

Se cumplieron diez años de la coronación de Felipe VI y el aniversario se conmemorócon un acto sencillo, alejado de la grandiosidad que suele dominar la esfera pública.Al Rey le tocó reinar en el peor momento para la institución monárquica por problemasheredados de su...