Rianxo acorda impulsar os obxectivos de desenvolvemento sustentábel da Axenda 2030

02 Marzo 2021

O pleno ordinario do Concello de Rianxo correspondente o mes de febreiro, celebrado este xoves 26, aprobou impulsar a Axenda 2030. O acordo, aprobado por maioría coa abstención do PP, implica o compromiso da Corporación de Rianxo para asumir o contido e obxectivos da axenda mundial polo desenvolvemento sustentábel como “guieiro da actuación municipal no período 2020-2030”.

Isto abrangue a creación dun grupo de traballo cos grupos locais para elaborar a folla de ruta rianxeira “cun plan de acción concreto que permita executala” e que abra vieiros para compartila con outras administracións e permitir a implicación e participación da cidadanía.

A Axenda 2030, como lembraremos, é un marco colaborativo mundial impulsado en orixe por dous centenares de países e que xunta e integra 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel de Nacións Unidas para seren cumpridos para o ano que se especifica na folla de ruta común. Perséguese a igualdade entre as persoas, a protección do medio ambiente e asegurar a prosperidade. Foi definido como un documento decisivo para non deixar a ninguén atrás e para garantir a protección medio ambiental.

Máis mocións aprobadas: celebración do 8 de marzo

No pleno do 26 de febreiro tamén se acordou apoiar a celebración do 8 de marzo para “expresar e recoñecer as convocatorias do feminismo galego auto-organizado que neste 2021 colocan no centro do debate os coidados e as consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político no que vivimos, agravadas polo impacto da pandemia da COVID-19”.

Contra a Lei de Saúde de Galicia

A instancias do PSOE, pediuse o rexeitamento á modificación da Lei de Saúde de Galicia proposta no Parlamento de Galicia, e instar ao Goberno da Xunta de Galicia a “iniciar una reforma da dita Lei en consenso con todas as forzas políticas con representación parlamentaria, axentes sociais, sociedades científicas, representantes das administracións locais e do ámbito xurídico galego”. Esta reforma, segundo explicou previamente o grupo socialista, “estará orientada a mellorar, de ser necesario, os aspectos que poidan contribuír a optimizar o sistema legal que sexa preciso pero sen implantar medidas de restricións de liberdades e dereitos individuais e facelo, ademais, de acordo coas valoracións sanitarias nos aspectos en que sexa necesario”.

Esta moción foi aprobada por maioría co voto en contra do PP.

Rebaixa IVE salóns de peiteados

O PP presentou unha moción para pedir a rebaixa no IVE ao 10% nos salóns de peiteado. Foi aprobada por maioría coa abstención do PSOE. Fíxoselle saber ao Partido Popular que previamente, durante o mandato do partido no Goberno central, votara en contra dunha iniciativa semellante aprobada en 2014 no pleno do Concello.

Apoio aos traballadores e traballadoras do Consorcio, A Galiña Azul

O pleno votou por unanimidade apoiar os traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de igualdade e Benestar na busca dunha solución dialogada que teña en conta os dereitos de persoas que acumulan até 14 anos de traballo no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Deuse lectura do escrito presentado polas traballadoras.

Outras mocións aprobadas

A instancias do PP pediuse a rebaixa da luz e incluíuse o apoio a unha tarifa eléctrica galega, sendo aprobada coa abstención do PSOE.

Tamén se acordou solicitar o traspaso de competencias sobre o Dominio Público Marítimo para que que “sexa xestionado desde Galiza”. Presentada polo PP, a moción aprobouse por unanimidade.

Igualmente apoiouse unha moción de Rianxo en Común para axudar aos estragos causados polo xabarín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...