Rianxeira alcanza a neutralidade en CO2 como parte do seu compromiso ambiental

02 Marzo 2021

A compañía JEALSA vén de compartir algúns dos seus novos fitos en materia de sustentabilidade e compromiso ambiental. Estes logros teñen relación directa con Rianxeira, a gama de conservas da empresa radicada en Boiro, un dos seus buques insignia no mercado e un referente no sector en materia de sustentabilidade e saúde. Segundo informou JEALSA, a marca vén de acadar a neutralidade en carbono grazas a que as emisións xeradas no seu proceso de produción compénsanse coa enerxía obtida pola propia compañía, por medio de parques eólicos propios e participados.

En concreto, a electricidade xerada en 2020 por estas instalacións (476 GWh) equivale ao consumo de electricidade de 117.618 fogares, permitindo compensar as emisións de CO2 das súas fábricas. Ademais, informou JEALSA, “estas instalacións evitaron a emisión de 433.756 toneladas de CO2 á atmosfera, o que corresponde ao consumo anual de 143.866 coches novos, se supomos que estes percorren 25.000 quilómetros anuais”.

Juan Carlos Cordeiro, director da marca, asegura que este fito supón unha nova demostración do propósito de Rianxeira, da súa total orientación á sustentabilidade, e como este se aplica a todos e cada un dos aspectos do proceso produtivo”.

En palabras de Ángeles Claro, directora de sustentabilidade de JEALSA e de We Sea, o programa de RSC da compañía, “apostamos polas enerxías limpas nun exercicio de máximo compromiso co medio ambiente, que vaia máis aló do estándar e que nos permita xerar un impacto positivo por medio das nosas distintas marcas”.

Rianxeira alcanza este novo logro despois de situarse como a marca do sector mellor valorada en materia de sustentabilidade polos consumidores, segundo un estudo recente desenvolvido pola consultora independente Hamilton Global Intelligence. Este compromiso reflíctese integramente a nivel de produto, por exemplo no de feito que todos os atúns e bonitos que conforman o catálogo de conservas de Rianxeira sexan “100% sustentábeis” e “procedan de métodos de pesca responsábeis certificados, como o selo azul de MSC, o estándar das súas características máis esixente do mercado”. .

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.