Prorrógase o convenio de colaboración para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá do CAD

06 Marzo 2021

O Concello da Pobra vén de confirmar a formalización da prórroga (acordada o pasado 24 de febreiro) para o convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de atención temperá entre os Concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro (convenio asinado en orixe no 3 de outubro de 2017). Agora a súa vixencia esténdese ata o día 2 de outubro de 2025.

Amais, acordouse solicitar a subvención ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas ás entidades locais galegas con vistas á prestación de servizos no marco da Rede autonómica de atención temperá. Deste xeito, desígnase o Concello da Pobra para a xestión e xustificación da achega segundo o previsto na cláusula relativa ás condicións da prestación-xestión compartida.

O Concello da Pobra lembra que o Servizo de Atención Temperá do Centro de Atención Integral á Discapacidade, situado no municipio pobrense, asiste a veciñanza dos tres referidos municipios da comarca. A finais de 2020 a dirección do CAD e a Concellaría dos Servizos Sociais reforzaron o servizo coa contratación dunha nova logopedista. A dita profesional incorporouse ao cadro de persoal composto por outras dúas logopedistas, unha pedagoga (con funcións de coordinación do servizo), unha psicóloga e unha animadora sociocultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...