Os postos do mercado ambulante da Pobra volven ao seu emprazamento orixinal

02 Marzo 2021

Este primeiro de marzo A Pobra acolleu un encontro entre membros do Goberno municipal, por unha banda, e representantes do mercado ambulante semanal, pola outra. O obxectivo: avaliar a situación cara a este mércores, data fixada para unha nova celebración do mercadiño.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), acompañado da concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), e do edil da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), reiteraron que as medidas adoptadas para a semana pasada “eran provisionais” e que, polo tanto, non supoñían o traslado definitivo do téxtil e do calzado á praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior).

Finalmente, durante a xuntanza acordouse que a totalidade dos postos volva á súa localización orixinal. Ademais, “co propósito de garantir a distancia de seguridade”, colocaranse o 50% dos postos, “os cales rotarán cada semana para que tódalas e tódolos comerciantes poidan retomar a súa actividade”, informou o Concello, engadindo que se optou por non reducir o tamaño dos postos “por non ser preciso para garantir a separación”. O Goberno local tamén fai saber que se van colocar dispensadores de xel hidroalcohólico e carteis onde se especifiquen as medidas para seguir, amais de intensificarse a vixilancia.

Cómpre lembrar que A Pobra atópase dende o día 28 de febreiro cunha incidencia acumulada de menos de 25 casos cada 100.000 habitantes. “Esta evolución favorábel da pandemia causada pola COVID-19”, informa o Concello, “permite establecer unhas medidas de protección menos restritivas, en consonancia coas determinacións da Consellería de Sanidade publicadas na Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do coronavirus na Comunidade Autónoma de Galicia”.

Outra das cuestións a tratar na xuntanza foi o posíbel empeoramento da situación e as medidas que deberan tomarse: “De establecerse o nivel de risco máximo non se autorizará no lugar de instalación habitual, e o téxtil e calzado pasarán nese caso a ocupar a praza Alcalde Segundo Durán, mentres que a alimentación e plantas situaranse diante do mercado municipal”, explicouse dende o Concello.

Baixo estas circunstancias controlarase a cabida máxima, farase obrigatoria a desinfección de mans antes de entrar, vixiarase o cumprimento das normas de prevención fronte ao coronavirus e establecerase un sentido de circulación obrigatorio para as persoas usuarias.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.