Os empresarios de Ribeira reiteran a súa aposta por unha continuación no novo polígono

29 Marzo 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de emitir un comunicado no que plasma o seu parecer respecto das información xurdidas esta fin de semana acerca do importante interese que amosaron as empresas locais de instalarse no que sería o novo polígono de Ribeira, unha demanda que superaría a oferta dispoñíbel. A patronal comeza congratulándose da noticia e ratificando o seu apoio para a consecuención da nova contorna industrial. Porén, a asociación tamén lembra que “tal e como se desprende da noticia así como das importantes cifras de chan finalmente solicitado polos asociados”, sería necesario “que se expoña unha continuación do proxecto do polígono, dado que este xa nace totalmente ocupado quedando patente a necesidade imperiosa de máis superficie industrial”.

A asociación tamén explica que está comprometida unha visista de persoal cualificado da Deputación da Coruña para “o estudo e desdobramento da estrada de acceso ao cita polígono”. Asemade, a patronal reitera ao Concello e nomeadamente ao alcalde Manuel Ruiz que conta co “apoio da asociación para todos e cada un dos pasos necesarios para a consecuención do novo complexo empresarial ribierense”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou seves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitudede xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague aluz...