O futuro polígono de Ribeira ten mais demanda de espazo que chan dispoñible

27 Marzo 2021

41 EMPRESAS EXPRESARON O SEU INTERESE EN OCUPAR 156.000 DOS 156.807 METROS RESERVADOS PARA ESTE USO NA CONTORNA DE FONTENLA-PEDRAS VERMELLAS

Rematou o período de consulta aos mercado para obter unha estimación real da demanda de espazo con motivo da próxima construción do novo polígono industrial de Ribeira e os datos obtidos superaron con moito as expectativas ata o punto de esgotar virtualmente os metros dispoñibles.
Así, un total de 41 empresas manifestaron interese en ocupar 156.000 metros cadrados nunha infraestrutura que contará con 156.807 metros para uso industrial, ademais de 1.150 para equipamentos, 577 para servizos urbanos, 35.620 para o sistema viario e 64.770 como espazos libres.
Máis de 700 postos de traballo
Ademais, crearíanse 716 postos de traballo de acordo cos datos trasladados polas empresas.
Á luz destes resultados, o Concello xa se puxo a traballar no desenvolvemento dunha segunda fase que permita dotar de máis metros ao tecido industrial no municipio.
Cómpre lembrar que o futuro polígono de Ribeira estará situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira.
O prazo que manexa o Concello para a licitación das obras de licitación é o último trimestre do 2021, habendo unha previsión inicial de custe segundo proxecto de 50 euros por metro cadrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.