O Lab Barbanza intégrase formalmente na rede de espazos de coworking da Deputación da Coruña

11 Marzo 2021

A Deputación da Coruña anunciou este 11 de marzo a integración formal do centro de coworking de Boiro, o Lab Barbanza, na Rede de de Espazos de Traballo Colaborativo da entidade provincial. Estes e ouros detalles foron achegados polo presidente Valentín González Formoso durante a súa visita ao concello boirense, onde destacou a necesidade de “aproveitar o potencial industrial de Galicia e apostar pola innovación”, e onde salientou a aposta por “un modelo único de traballo e emprendemento” que propón a Rede Provincial de Coworking, á que tamén se adheriron, dende diferentes sectores, Oleiros, Brión, Ames, Carballo, Moeche e A Capela.

O alcalde José Ramón Romero explicou que Lab Barbanza, espazo de traballo centrado na transformación tecnolóxica e na evolución dos sectores tradicionais da comarca, será “unha ferramenta de apoio para as persoas emprendedoras do noso municipio e da comarca e un lugar no que se poidan desenvolver grandes proxectos”.

Amais, o presidente e o alcalde presentaron, xunto con Daniel García, presidente da Asociación Boirense de Empresarios, a campaña Todxs Somos Boiro de apoio ao comercio local, co-financiada pola Deputación e o Concello.

Na visita ao Lab Barbanza tamén participaron os deputados provinciais Blas García e Sandra González.

O centro boirense está situado no Polígono de Espiñeira, propiedade do Concello, e conta con 283 metros cadrados de superficie útil distribuídos en 5 oficinas, sala de recepción, servizo de reprografía e sala para reunións, xestión e presentación de proxectos, así coma aseos e zonas comúns.

O inmóbel dispón ademais de xardíns e zona de estacionamento exterior, insonorización, calefacción central de alta eficiencia enerxética, iluminación con LED de baixo consumo, conexión de telefonía e fibra óptica en todos os espazos e accesibilidade total para persoas con mobilidade reducida.

González Formoso destacou que “Galicia necesita facer unha lectura clara das súas potencialidades industriais e necesita apostar pola innovación e por este pequeno tipo de nichos onde o coñecemento teña as sinerxías garantidas e onde o coñecemento teña a posibilidade de intercambiar ideas e experiencias que fagan impulsar proxectos empresariais que hoxe son pequenos pero o día de mañá poden estar consolidados no seu mercado”.

Pola súa banda, o alcalde José Ramón Romero explicou que “queremos que Lab Barbanza, ao igual que o resto de espazos de traballo colaborativo rede provincial, sexa unha ferramenta de apoio para as persoas emprendedoras do noso municipio e da comarca e un lugar no que se poidan desenvolver grandes proxectos”.

O concelleiro de Comercio e Consumo, Marcos Fajardo, subliñou que os últimos datos oficiais de emprego din que na comarca do Barbanza “só Boiro planta cara á crise”. E engadiu: “No 2020 fixéronse na localidade 4.480 contratacións relacionadas co sector industrial cando en 2019 foron 2.781”, apuntou.

Para pór en funcionamento este novo espazo de traballo, o concello de Boiro e a Deputación da Coruña asinaron un convenio de colaboración que contou cun orzamento de 98.687,50 euros para dinamización e titorización dos proxectos deste coworking, dos cales un total de 75.000 euros procederon do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, é dicir, o 76% do total.

10 proxectos xa en fase de aceleración

O programa de formación e aceleración Emprende-LAB Barbanza, que contou tamén coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), comezou en setembro dando acubillo a 18 emprendedores da comarca. Destes 18 proxectos empresariais, un total de 10 foron seleccionados para pasar á segunda fase tras un DemoDay. Nesta xornada os proxectos participantes presentaron o seu traballo fronte a un xurado que os avaliou e seleccionou aos dez que pasarían á segunda fase do programa, o de aceleración.

Entre as iniciativas emprendedoras seleccionadas están Fortem Hub, unha proposta formativa para persoas de colectivos vulnerábeis; Laflora, unha iniciativa para a produción musical e as iniciativas emprendedoras; Orenpay, que desenvolve unha aplicación móbil para o sector hostaleiro que permite ver a carta ou facer un pedido mediante códigos QR; E-commerce, de regalos personalizados, NadadeNada, un proxecto téxtil; Arándanos Barbanza, unha iniciativa de agricultura ecolóxica; Esteos, un proxecto de tecnolóxico baseado no Internet das Cousas para simplificar os procesos produtivos das empresas e minimizar custes; e GastroLab Arousa,
unha escola de cociña cun espazo gastronómico orientado á formación e ás
demostracións culinarias en directo.

Tamén participan Naturalmente, unha proposta de terapias alternativas para o coidado usando produtos naturais; e Fashion School, unha escola de corte e confeccións online.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.