A ABE enche Boiro de pancartas para fomentar a unidade a prol da recuperación do concello

11 Marzo 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) presentou este 11 de marzo unha nova campaña para facer unidade (sen barreiras, sen exclusións e sen desigualdades) a prol da recuperación económica e social do termo municipal. Na iniciativa, cuxo nome fala ás claras do seus obxectivos, Xuntxs Facemos Boiro – Todxs Somos Boiro, as protagonistas non son outras que as empresas da patronal boirense e as persoas con nomes propios que as impulsan e se esforzan porque saian adiante, mesmo no medio dun contexto tan complexo como o que estamos a vivir.

Segundo informou a ABE na presentación, “dende hoxe e durante tres meses os 12 rostros dos doce socixs que representan ao colectivo nesta iniciativa van estar moi presentes na vida diaria da veciñanza de Boiro, xa que coa primeira parte desta campaña serán 90 en total as pancartas que nas rúas nos recordarán cal é a contribución de cada empresaria e de cada empresario á nosa vida diaria”. Deste xeito, engadiu a patronal, “as pancartas contan de xeito moi persoal como entre todas e todos facemos Boiro”.

As e os protagonistas

1. Manolo – Brico pestañas – 30 anos enmarcando os teus soños.

2. Ana Belén – Farmacia Ortopedia Torrente – 4 anos cerca de vós.

3. Alicia – Frutas Reyjosa – 50 anos sendo a túa horta.

4. Julia – Bives Tour – 10 anos cumprindo os teus soños

5. Fernando – Inmobiliaria Mirabén – 15 anos atopando teu lugar

6. Lucía – Autos R. Outeiral – 75 anos sumando kms xuntos

7. Angel – Cetarea A. Mar – 22 anos achegando sabor

8. Oscar – España y Fernandez – 42 anos construíndo fogares

9. Suso – 27 anos facéndote bailar

10. Jesús – 11 anos compartindo xantares

11. Gerardo – 42 anos fasquiando o futuro

12.Alex- Deportes SR balón – 39 anos manténdote en forma

Vertente online

En paralelo á vertente física, ABE impulsou unha sección online na que ademais das publicacións en redes das fotografías dos protagonistas lanzarase un vídeo que será, en palabras da entidade, “o punto forte da parte mais dixital da campaña”.

O vídeo xira en torno á interconexión da vila e os seus habitantes co comercio e empresas que lle dan vida e que se lanzará a finais deste mes.

A campaña está financiada pola Deputación de A Coruña e colabora o Concello de Boiro.

Na presentación estiveron presentes (entre outros) o presidente da patronal, Daniel García, o alcalde, José Ramón Romero, e máis o presidente da Deputación, Valentín González.

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.