“O impacto do acordo do Brexit a debate no Parlamento Galego”

16 Marzo 2021

Antón Luaces.- A comparecencia da conselleira do Mar no Parlamento galego para dar conta dos efectos que pode ter na pesca a saída da UE do Reino Unido e das actuacións da Xunta ante este asunto suscitou as críticas da portavoz de Pesca do BNG, que afeou á conselleira que non comparecera desde o 16 dedecembro, data do consello anual de ministros de Pesca da Unión Europea que decidiu a cantidade e especies a pescar pola frota galega durante o ano 2021. 
“Vostede nunca está”, espétoulle á conselleira Rosana Pérez. “Non estivo o 16 de decembro, non estivo o 24, non estivo durante todo o mes de febreiroi cando numerosos bancos marisqueiros deste país quedaron arrasados, non está agora cando se necesita unha verdadeira resposta contundente á Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Unión Europrea. Vosrtede viaxou a Bruxelas ao consello anual de ministros de decembro para traer omesmo que trae todos os amos: recortes e redución da capacidade pesqueira da nosa frota”.Para a deputada nacionalista, a “falta de peso político de Galicia” no Estado e na UE quedou de manifesto no acordo do Brexit, ao que a conselleira do Mar respostou “culpabilizando do resultado ao Goberno español e á propia Unión Europea”, dixo Rosana Pérez, quen engadiu que a falta de sensibilidade da conselleira quedou retratada nas súas afirmacións asegurando que “vai a haber qwue pensar en fixar unha cota mínima de pescadores para garantir a súa sostibilidade”. Esa era -salientou Rosana Pérez- a súa solución ao acordo: eliminar mariñeiros. “Comprenderá vostede que non nos expliquemos como a día de hoxe, asíndas continúa sentada nese escano”. Sen resposta da conselleira, a portavoz de Pesca do BNG explicou que “o Brexit sáldase cun acordo que remata no 2026 (cinco anos) e que implica que a frota europea, incluida a galega, renuncie a un 25% das capturas nos caladoiros do Reino Unido e, no caso das Malvinas, aínda están por decdidir os arancéis. Setenta barcos galegos nos caladoiros do Reino Unido, sesenta no Gran Sol (1.400 mariñeiros), vinte en Malvinas (400 mariñeiros) aos que hai que engadir 36 buques de bandeira británica e capital galego”. Dempois do 2026, as negociacións faránse anualmente, especie a especie “e supoño, continuou Rosana Pérez, que ninguén pensará que dempois deses cinco anos recuperaremos a cota perdida. No mellor dos casos haberá que pelexar cada ano para minimizar os recortes de capturas”. Non houbo resposta da conselleira. Pero á vista de como está a situación neste momento, dos pasos que a propia UE está a dar para poñer freo ao Reino Unido na súa falta de cunprimentoi dos acordos de Brexit, Galicia ten que ser consciente do moito que se xoga o sector pesqueiro. Permanecer calados, sen dar un paso avante cando aínda hai tempo para, cando menos, expresar disconformidades e propoñler solucións, semella ser un acto suicida para milleiros de familias que, en Galicial dependen da pesca e, específicamente  teñen relación cos caladoiros británicos. Galicia ten moito que dicir. Calar non é posicionarse en ningún aspecto.

Parlamento de Galicia

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...