O Concello de Ribeira licita a mellora da rúa das Américas, en Aguiño, por 200.000 euros

17 Marzo 2021

O Concello de Ribeira renovará os servizos e a pavimentación da rúa das Américas en Aguiño. Esta intervención pretende mellorar a contorna a través da substitución tanto das beirarrúas de baldosa hidráulica e do aglomerado asfáltico (que están en mal estado) como dos servizos de auga potábel, saneamento e pluviais, actualmente deficitarios.

Con este obxectivo elaborouse un proxecto técnico que inclúe a instalación dunha tubaxe de polietileno de alta densidade con 90 milímetros de diámetro para a auga, previndo xa non só solucionar as carencias no subministro existente senón tamén o previsíbel aumento da demanda na zona. Efectuaranse as acometidas aos edificios alí emprazados.

Para o saneamento de fecais instalarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, con pozos de rexistro cada 40 metros e nas conexións cos colectores existentes.

No tocante ás pluviais colocarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro que conducirá as augas ás redes situadas na rúa Francisco Lorenzo Mariño (cada 30 metros instalaranse sumidoiros sinfónicos e cada 40 pozos de rexistro).

En canto aos pavimentos, demoleranse os actuais e tras o oportuno acondicionamento da zona construiranse beirarrúas de formigón continuo desactivado e aplicarase aglomerado asfáltico en quente ao firme da calzada.

O orzamento da intervención ascende a 182.934,89, IVE incluído, enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son seis meses.

As empresas interesadas poden presentar as súas propostas ata o 5 de abril á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.