O CELGA 1 en liña permite por vez primeira a autoformación en galego

17 Marzo 2021

Política Lingüística, Emigración e AMTEGA presentaron este 17 de marzo importantes novidades relacionadas co certificado de coñecemento do galego CELGA e a posibilidade de preparalo e obtelo a distancia, empregando as novas tecnoloxías da información. Segundo fixeron saber, o CELGA 1 en liña vén de ser obxecto dunha relevante actualización: un paso adiante que permitirá por primeira vez ao alumnado autoformarse na lingua a través dunha ferramenta específica. Esta nova versión vai estar accesíbel en aberto no Portal da Lingua Galega, a partir desta semana. Foi presentada polos secretarios xerais de Política Lingüística e da Emigración, Valentín García e Antonio Rodríguez Miranda, e pola directora da AMTEGA, Mar Pereira.

Segundo salientou Valentín Garcia, “o novo servizo supón un gran avance para achegar a aprendizaxe do galego á cidadanía, con independencia do lugar onde resida ou do tempo que cada persoa poida dedicarlle”. Tamén destacou qu con esta nova versión actualizada do CELGA 1 en liña, que tamén renova a ata agora existente desde 2010, “completamos a serie de cursos anovadores e modernos que configuran o ensino e a aprendizaxe do CELGA, para alén de potenciar a presenza da nosa lingua no ámbito das tecnoloxías”.

Pola súa banda, Mar Pereira, enxalzou o potencial que ofrecen as tecnoloxías para o impulso e o coñecemento da cultura e a lingua galega. Mar Pereira lembrou que “a sociedade dixital e inclusiva e a cultura son dous dos sete eixes estratéxicos da Estratexia Galicia Dixital 2030”.

A maiores, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor a importancia desta medida para os galegos do exterior, “que poden así acceder a uns cursos regrados que lles permitan manter e mellorar a nosa lingua fóra das nosas fronteiras, mantendo así un vínculo esencial coa súa terra e coas súas orixes”.

A nova ferramenta de autoformación en liña súmase á actualización do curso titorizado que os 150 alumnos e alumnas do CELGA 1 en liña empregan xa desde este mes de marzo, no marco da formación preparatoria de 70 horas que seguen ata o 6 de maio destinada aos exames oficiais. “A principal diferenza”, fíxose saber na rolda de presentación deste 17 de marzo, “é que presenta unha versión que está aberta de forma permanente no Portal da Lingua Galega, garantindo un acceso ilimitado á aprendizaxe do galego desde calquera lugar e a calquera hora”.

Na nova opción, non hai límite de prazas nin datas específicas de acceso e tampouco é precisa matriculación, polo que o acceso será tan sinxelo como cubrir un rexistro previo, explicaron, engadindo que se trata dun “recurso inesgotábel e accesíbel a través da Rede para todas aquelas persoas que estean interesadas en comezar a aprender a lingua galega ou en preparar a proba oficial”.

Amais, este novo curso de autoformación pode seguirse sen necesidade dun titor, xa que as persoas usuarias van avanzando na aprendizaxe grazas aos exercicios de auto-resolución e aos exemplos de resposta. “A través dunha interface de navegación sinxela, eficiente e intuitiva, o alumnado accede a cada unha das 12 unidades do curso divididas en catro bloques: comprender, explorar e reflectir, practicar e comunicar e viaxar”, explicaron.

Como última novidade, as unidades 1 e 2 están adaptadas á lectura fácil para facilitarlles a aquelas persoas que teñen dificultades lectoras e/ou de comprensión o acceso á aprendizaxe da lingua. Ademais, ao final de cada unidade o alumnado contará cun vídeo interactivo para repasar os contidos tratados nela.

Para quen non o saiba, o CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao MECRL e está configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, que recollen as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas. Estes certificados permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego aos efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos, e obtéñense mediante un exame (agás o nivel 5) convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, aínda que tamén é posible obter a validación CELGA dos estudos previos de galego.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.