O BNG achega ao Parlamento unha proposta para mellorar o transporte colectivo na contorna de Muros e Noia

23 Marzo 2021

O BNG vén de presentar no Parlamento galego unha iniciativa para optimizar o transporte colectivo na área da ría de Muros e Noia. Os detalles da proposición non de lei foron dados a coñecer este 22 de marzo pola deputada nacionalista Rosana Pérez, na estación de autobuses de Noia, onde dixo que “a poboación desta comarca leva anos reclamando unha mellora do servizo do transporte que a une á capital” e remarcou que “dende todos os concellos vense poñendo de manifesto este problema”.

Pérez lembrou que “no caso do concello de Noia, a solicitude de tramitación para a adhesión á área metropolitana compostelá está aprobada dende o ano 2015”; e que o propio Parlamento galego acordou, unanimemente, no ano 2017, “iniciar un estudo para incluír Noia na área de transporte metropolitano de Santiago”.

Para os nacionalistas, a inclusión da comarca na área metropolitana compostelá suporía “para todos os veciños e veciñas da mesma un avance significativo en canto á mellora da oferta de servizos, aumentando a cantidade de viaxes diarias e a posibilidade de que máis desprazamentos sexan directos, polo corredor”, e, por outro lado, “un avance que tamén se faría notar nos prezos, reducíndose dun xeito importante o custo do billete”.

Rosana Pérez tamén dixo que na proposición hai respostas concretas para solucionar “a desconexión da ría de Muros e Noia coa comarca da Barbanza, áreas que gardan unha relación histórica, económica, social e, sobre todo, laboral”. Sinalou ademais Pérez que “esta conexión convértese en inexistente durante as fins de semana”.

O BNG solicitará o apoio do Parlamento para instar á Xunta a “incluír no convenio de colaboración entre a Xunta e distintos concellos a aqueles da comarca de Muros e Noia que o soliciten, a efectos de formar parte da Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela”; así como a “levar a cabo coa maior axilidade posible todas as actuacións necesarias para mellorar a conexión estratéxica entre a comarca de Muros e Noia e a da Barbanza”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.