Na Pobra convocado un proceso selectivo para dar forma a unha bolsa de emprego de logopedistas

09 Marzo 2021

O Concello da Pobra convocou un proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego de logopedistas. Faino mediante un concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal do posto indicado.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos referidos ó último día do prazo de presentación de instancias; entre eles, estar en posesión do título universitario oficial do grao en Logopedia ou diplomatura universitaria en Logopedia, así como ter especialización en desenvolvemento infantil e atención temperá (posgrao de 300 horas) ou, alternativamente, acreditar experiencia de cando menos un ano de traballo como logopedista, no ámbito da atención educativa, social, sanitaria ou sociosanitaria das nenas e nenos de 0 a 6 anos.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste martes 9, se ben o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas xa está no taboleiro de anuncios do Concello e na súa sede electrónica. As solicitudes axustaranse ó modelo normalizado que figura no anexo I, acompañadas da documentación que se indica nas bases. Toda a información detallada está á disposición nas canles xa referidas.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.