En marcha en Rianxo un servizo de aluguer de bicicletas

18 Marzo 2021

A plataforma de comercio electrónico Mercarianxo, impulsada pola ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios) en colaboración co Concello, vén de compartir unha importante novidade ao seu servizo de venda online e distribución segura de produtos e servizos dos establecementos locais. Trátase dun servizo de bicicletas de paseo en aluguer impulsado por RodaRianxo para favorecer a mobilidade sustentábel e saudábel e, por suposto, para permitir que residentes e visitantes desfruten da longa listaxe de espazos naturais e urbanos de lecer cos que conta o termo municipal rianxeiro. Ofrécense tres tipos de vehículos: bicicletas clásicas, bicicletas para nenos e cadeiras portabebes.

Segundo informan dende Mercarianxo, as persoas interesadas poden anticiparse á activación formal do servizo facendo reservas ou mercando os tíckets dende a plataforma de ecommerce, ou ben fisicamente no punto de recollida nas dependencias de Old Memories Tattoo Studio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.