Incremento no prezo do gasóleo pesca

24 Marzo 2021

Antón Luaces.-Por se no fosen abondo os baixos prezos que rexistran as vendas de peixe en lonxa e o mantemento, cando non incremento, das consideradas altas taxas portuarias por amarre ou atraque de barcos, após caer por baixo dos 30 céntimos de euro por litro en marzo de 2020, o prezo do gasóleo de pesca subiu ata os 46 céntimos a mediados deste mes de marzo.

Que se disparen deste xeito os prezos do gasóleo é unha nova moi negativa para o sector pesqueiro. Especialmente para o arrastre, cuxos barcos son os de maior consumo. Os prezos de venda das capturas deixaron moi malos resultados económicos en 2020, malia esa certa moderación que permitiu o relativamente  baixo prezo do combustible: 34 céntimos en 2020, co mínimo por baixo dos 30 céntimos en marzo, cando moitas frotas estaban paradas. Prezos que se mantiveron ata novembro. Desde aquela, a curva foi subindo e poucas son as esperanzas de que free na escalada. O retorno do crecemento económico en Asia e Estados Unidos afecta a todas as materias primas, agás ao prezo do peixe en lonxa.
A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) sinala a tendenza dos prezos dos carburantes dende marzo do ano pasado. Nesta ocasión o da economía sube un 0,85% a respecto da semana anterior, mentres que o do gasóleo aumenta ata un 0,68%, polo que os prezos volven ser os de marzo de 2020, é dicir, os prezos de antes da pandemia.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...