Fin de semana soleado aínda que con temperaturas á baixa

05 Marzo 2021

As altas presións localizadas ao norte da península Ibérica achegarán estabilidade e vento do nordés. Deste xeito agardamos unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con algunha nube de estancamento no extremo norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, tanto nas mínimas como nas máximas. Os ventos soprarán do nordés, moderados no terzo norte, máis frouxos no resto.

NO NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Forte marusía á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar03:021.1 m
Preamar09:293.1 m
Baixamar15:401.3 m
Preamar22:093.0 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:551.2 m
Preamar09:213.0 m
Baixamar15:331.3 m
Preamar21:593.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar02:581.1 m
Preamar09:253.0 m
Baixamar15:371.3 m
Preamar22:043.0 m

Altas presións de 1033 mb en Azores, estendéndose ata Europa Central.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.