Falecen 14 persoas pola COVID-19 en Galicia

01 Marzo 2021


Segundo datos do Ministerio de Sanidade Galicia é a comunidade co maior número de ingresos en UCI por Covid-19 entre o 21 e o 28 de febreiro. O país rexistrou un total de 27 ingresos en UCI polo coronavirus na última semana, situándose a primeira seguida de Andalucía (19) e Asturias (17).
Eses ingresos en UCI supoñen un descenso do 37% respecto a os 43 da anterior semana. En total desde o comezo da pandemia, 1.601 persoas con coronavirus pasaron polas UCI galegas. Os casos de Covid que necesitaron hospitalización no últimos sete días en Galicia foron 197 (incluíndo os ingresos en UCI),

Actualmente en Galicia hai 113 persoas en UCI con Covid, cunha ocupación do 14,3%. Esta taxa é seis puntos menor a unha semana antes. A ocupación media en España é o dobre (28%). O número total de pacientes Covid hospitalizados na comunidade galega é 477 pacientes, o cal representa un 5,66% de ocupación, por baixo da media española que se sitúa nun 9,36%.

Por outra banda falecen 14 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus en catro días. Con estas novas vítimas o número de mortos ascenden a 2.252 .

Día 26
Muller de 89 anos na residencia La Milagrosa da Coruña.

Día 27
Muller de 90 anos no CHUF
Muller de 95 anos no CHUF
Home de 95 anos na residencia La Milagrosa da Coruña.
Muller de 86 anos no CHUAC

Día 28
Muller de 90 anos no CHUVI
Muller de 83 anos no CHUS
Home de 86 anos no HULA.
Home de 89 anos no CHUF
Muller de 81 anos na residencia CEGADI.
Muller de 83 anos no CHUO
Home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira
Home de 71 anos no CHOP

Día 1
Home de 67 anos no Hospital Quirón Salud da Coruña.

Todos eles con patoloxías previas

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.