Este sábado 20 de marzo celebramos o Día dos Medios en Galego co programa #MoitoqueSachar

19 Marzo 2021

Este sábado 20 de marzo, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebramos o Día dos Medios en Galego. Facémolo coa retransmisión, en streaming, do programa, a modo “Late Night”, que tivo que ser aprazado o 7 de febreiro (a data oficial, aprobada no Parlamento de Galicia, conmemora a saída do primeiro xornal en galego, O
Tío Marcos d’Portela, aló polo 1876) polas restricións sanitarias.
A Casa Museo de Rosalía acollerá a emisión dun programa especial presentado por Federico Pérez Rey, unha das caras máis visibles do audiovisual galego, que estará acompañado pola música en directo dunha banda formada por Iván Barreiro, á guitarra; Carlos Arévalo, á batería; e Ale Casquero aos teclados.
Será unha festa da lingua, con entrevistas, sketches, o nacemento dun novo proxecto, así como singulares sorpresas que demostrarán o papel fundamental do galego como principal motor da comunicación no noso país.
O programa será retransmitido en directo nas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch. Ademais, tamén se emitirá o domingo ás 21:30h en NósTelevisión e o luns ás 18:00h en todas as emisoras municipais galegas da rede de Radiofusión.
O evento conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, ademais do apoio da Casa Rosalía.

A AMEGA está formada a día de hoxe por 40 medios entre os que se encontran O Barbanza e Código Cero nas súas versións en papel e dixital.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...