En Muros rescatados os dous tripulantes dun pesqueiro afundido

25 Marzo 2021


Os dous tripulantes do barco pesqueiro ‘Madre Antonia’ foron rescatados por Salvamento Marítimo tras o afundimento do barco a unhas dúas millas de Punta Louro, no municipio coruñés de Muros.

Esta tarde de xoves, unha embarcación de Muros, o Madre Antonia (un pesqueiro de 9 metros), sufría un novo naufraxio diante da nosa costa. Volvían a terra tras estar traballando as betas, e por motivos que aínda se descoñecen, o barco afundía a 5km da costa, fronte ao faro de Louro.

O CSS de Fisterra, Gardacostas, o Salvamar Regulus e o GES de Muros eran mobilizados. Finalmente, tras case unha hora de máxima tensión, foi o helicóptero de Salvamento o que rescataba aos dous tripulantes que aguantaban agarrados a unha boa, sendo trasladados ao Aeroporto de Alvedro onde os agardaba unha ambulancia para levar ao CHUAC. (quepasanacosta.gal)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.