En Amicos conseguidas cinco insercións laborais a través dun curso sobre riscos no traballo

12 Marzo 2021

Este 12 de marzo a sala de xuntas do Centro Integral de Amicos en Boiro acolleu a entrega dos diplomas do Curso de Prevención de Riscos Laborais que a entidade da nosa comarca desenvolveu durante febreiro e marzo en colaboración coa Fundación La Caixa.

Participaron un total de 15 persoas con diversidades funcionais e cognitivas de diferentes puntos de Galicia.

Todos os participantes remataron con éxito a actividade formativa (houbo un cen por cen de aprobadas e aprobados). Ademais, trala formación conseguíronse cinco insercións laborais. Amicos explicou que esta acción formativa destinouse a formar o alumnado no ámbito da seguridade do traballo. O obxectivo principal do curso foi “sensibilizar aos traballadores sobre a importancia da prevención de riscos laborais nos sitios onde desenvolven o seu labor”.

Este curso foi xenérico e válido para todos os sectores laborais.

Nomes propios

Laura Manzano, unha das partícipes, vai comezar a traballar en Amicos na Área de Limpeza, concretamente en lavandería: “Esta actividade formativa axudounos a completar a nosa formación para a inserción laboral”, afirma a próxima integrante de Amicos que xa leva realizado tres cursos coa Área de Emprego da asociación.

O acto de entrega estivo presidido de maneira presencial por Keltoi Cameán e Rosa Agrelo, membros da Área de Emprego de Amicos. “Estamos buscando que as empresas se adapten ao traballador para mellorar a empragabilidade e non sexa sempre viceversa”, afirmaba Keltoi, respecto a outra inserción laboral que está pendente de adaptar o posto de emprego á persoa pola discapacidade que ten.

En colaboración con La Caixa

A Asociación Amicos está a desenvolver o Proxecto Más Emprego en colaboración coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. Este programa consiste na realización de itinerarios de inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, “prioritariamente con discapacidade”, no ámbito do Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo para España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.