Comeza a formación preparatoria para a obtención da CODIX nas aulas CeMIT

01 Marzo 2021

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) activa este 1 de marzo as actividades formativas para a obtención do certificado galego de competencias dixitais en ofimática da Xunta (CODIX). En concreto, achegaranse contidos ás 180 persoas que se matricularon nestes días no curso de teleformación preparatorio previo ao exame presencial que está previsto para o mes de maio, unha vez rematada a devandita formación na rede de aulas CeMIT, presentes en Boiro, Ribeira, Porto do Son, Noia e Muros.

O curso de preparación de 190 horas de duración impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a Internet para seguir a formación desde calquera lugar e en calquera momento.

En canto ao perfil das 180 persoas matriculadas, seleccionadas de entre 2.545 solicitudes de inscrición, saliéntase que a media de idade é de 40 anos e que unha gran maioría son mulleres (149 mulleres por 32 homes).

Polo que se refire á procedencia, seguen a ser maioritarias as domiciliadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, con 93 e 49 participantes respectivamente, fronte ás 27 persoas da provincia de Lugo e as 11 procedentes de Ourense.

AMTEGA lembra tamén que as persoas demandantes de emprego ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33% gozaron de exención no pagamento das taxas de exame. Das 180 persoas matriculadas, 62 son demandantes de emprego e 8 son persoas con discapacidade.

Plan formativo ofimático de Galicia

Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

• Sistema operativo, busca da información: Internet/intranet e correo electrónico (30 h)

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 h)

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 h)

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 h)

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 h)

Todos estes contidos están abertos e poden ser consultados libremente na plataforma de teleformación da Rede CeMIT, baixo a modalidade de autoformación.

Próxima convocatoria de exames presenciais

Esta convocatoria forma parte do Plan de formación da Rede CeMIT para este ano 2021, que terá a súa continuación con novos exames presenciais neste primeiro semestre para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios (ben pola súa experiencia no manexo destas aplicacións, pola formación adquirida por outras vías ou por que opten pola modalidade autoformativa), ata chegar a un número superior ás 1.500 prazas dispoñíbeis para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no devandito plan.

Desde a habilitación da Rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 9.200 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.839 en cursos de teleformación titorizada e 6.392 en probas presenciais de acceso libre) e 4.200 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da AMTEGA despois de superar as probas convocadas nas aulas da Rede CeMIT.

Outros artigos

Sábado empeza con nubes que darán paso a sol e temperaturas en alza

O sábado comezaremos a xornada cos ceos cuberto. A partir do mediodía os ceos quedarán con apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas sobre os 25 graos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste. O domingo teremos sol e...

+

Ambar organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede principal en Frións (Ribeira) organizou unhas Xornadas deFormación Xurídica abertas á comunidade, ás que tamén asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais de Ambar. A actividade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia. Hoy en día no hay razón ninguna, en absoluto para escribir de esta forma tan cruel, que hiere los ojos. Todos los bares tienen prensa gratuita, al momento de tomar un café, cuando se leen las noticias deportivas, prestar un poco...