Boiro únese ao reto de Ecoembes no que se premia aos concellos que máis reciclan

17 Marzo 2021

O Concello de Boiro anunciou este 17 de marzo a súa implicación na campaña de Ecoembes para fomentar a sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente no consumo. Trátase da iniciativa Recicla. Únete ao reto!, que ten por obxectivo mellorar os hábitos ambientais da cidadanía e sensibilizar á cidadanía, así como aumentar a cantidade de residuos que van ao contedor amarelo.

En concreto, o reto do Concello de Boiro é aumentar nun 10% a cantidade de envases lixeiros que se depositan no contedor amarelo entre os meses de febreiro, marzo e abril, que son nos que se vai desenvolver o desafío.

O Concello explica que esta porcentaxe de recollida de envases lixeiros aumentou xa no último ano preto dun 40% xa que, no mesmo período de 2019, recolléronse 84.990 quilos de residuos no municipio e, no 2020, 119.180 quilos. “O obxectivo para este 2021 e conseguir aumentar a porcentaxe do reto é recoller 131.098 quilos”, explican dende o Consistorio, engadindo que ao abeiro da actividade impulsada por Ecoembres, “cada Concello que logre superarse a si mesmo en materia de reciclaxe recibirá un premio que poderá destinar a unha causa social local”.

En canto ás accións que se van levar a cabo, Ecoembes colocou na praza do Concello un contedor amarelo que serve para mostrar á cidadanía cales son as instrucións do reto, cal é o galardón e cales as indicacións sobre hábitos de mellora en materia de reciclaxe. Toda a información sobre a campaña e os quilos recollidos en cada termo municipal participante está na web www.uneteaoreto.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.