Boiro inicia o acondicionamento e mellora dos parques infantís

11 Marzo 2021

O Concello de Boiro puxo en marcha os traballos de mellora e mantemento dos parques infantís do municipio. Os operarios municipais están levando a cabo as tarefas de revisión das distintas pezas que compoñen os espazos de lecer co fin de atopar os arranxos necesarios para a posta a punto dos mesmos.

Os máis de 50 parques infantís que se atopan no municipio están a levar un control do mobiliario para coordinar as tarefas de mantemento e acondicionamento de todos eles. Unha vez se remate a revisión de todos os espazos de lecer poranse en marchas as obras necesarias, engadiu o Concello.

Os operarios municipais estanse a encargar tamén do reacondicionamento do entorno destas zonas, con tarefas de roce, limpeza xeral dos recintos, así como as desinfeccións puntuais co fin de garantir a seguridade fronte á COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.