Boiro confirma a súa boa tendencia en materia de COVID

08 Marzo 2021

O Concello de Boiro celebrou este luns 8 de marzo unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19 para analizar a actualidade dos datos da pandemia no municipio e determinar as medidas de prevención. Segundo se fixo saber, a incidencia de casos acumulados segue en descenso no municipio, na última semana non se detectaron novos casos positivos, polo que a IA (Incidencia Acumulada) no concello é de menos de 25 nos últimos catorce días.

Na sesión tamén se fixo balance do traballo desenvolvido polo departamento de Servizos Socias (que segue a coordinar todas as necesidades xurdidas dos casos positivos por COVID-19, como son a recollida de lixo ou entrega de alimentos), de Protección Civil de Boiro (que prosegue realizando periodicamente desinfeccións e limpezas en parques infantís e mobiliario público) e da área de Cultura (que abriu a porta á recuperación da programación cultural e da actividade dos centros sociais e municipais, seguindo todas as medidas de prevención e hixiene).

Tamén se mencionou o reinicio do mercado semanal (que se celebra os martes na avenida da Constitución cunha ampliación do 75% dos postos autorizados, tal e como se recolle na orde do 4 de marzo da Consellería de Sanidade para mercados que teñen entre 50 e 100 postos) e fíxose reconto da actividade desenvolvida pola Policía Local (que continua coa vixilancia e control para garantir que se cumpran todas as medidas e seguridade e hixiene e que na última semana efectuou un total de 74 denuncias, 22 delas polo uso indebido de máscara, 20 por fumar na vía pública, 1 a un local por exceso de capacidade, 20 por aglomeracións de máis de catro persoas non convivintes e outras 11 por comer ou beber na vía pública sen respectar as medidas de seguridade).

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.