Barbanza Arousa lanza un videomapping para coñecer A Orixe do Camiño de Santiago

02 Marzo 2021

A Mancomunidade Barbanza Arousa continúa súa aposta polo Camiño de Santiago A Orixe, a través dun videomapping por cada etapa desde Corrubedo a Santiago de Compostela.
A organización continúa así promovendo o Camiño de Santiago a través de diferentes ferramentas tecnolóxicas para dalo a coñecer nun mundo cada vez máis dixitalizado. O mapa mostra algúns dos paisaxes que se poden desfrutar ao largo deste recorrido, que marca a orixe da tradición Xacobea. Deste xeito a ferramenta, que transmite o camiño dunha forma particular, con vídeos curtos e concretos por cada etapa, tamén disporá de elementos de interese para os peregrinos como son as áreas de descanso ou as fontes de auga potable.
O videomapping pódese atopar na plataforma Youtube e nas redes sociais da Mancomunidade e, proximamente na súa páxina web. Ademais, co fin de facilitar o coñecemento do recorrido ao maior número de persoas posibles, o track estará dispoñíbel nas plataformas de rutas con maior número de descargas a nivel nacional, como son Wikiloc e Strava.
Barbanza Arousa segue adaptándose á nova situación causada pola pandemia. Debido ás novas tendencias nos viaxes e o cambio de paradigma, a Mancomunidade pon en valor o Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe, e sitúao como unha oferta potencial de alta calidade e competitividade nos próximo anos.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.