Bando da Alcaldía de A Pobra con medidas extraordinarias en relación á COVID-19

02 Marzo 2021

D. José Luis Piñeiro García, alcalde-presidente do Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña),

FAI SABER: Que o noso concello se atopa dende o día 28 de febreiro cunha incidencia acumulada de menos de 25 casos cada 100 000 habitantes. Esta evolución favorábel da pandemia causada pola COVID-19 permite estabelecer unhas medidas de protección menos restritivas, en consonancia coas determinacións da Consellería de Sanidade publicadas na Orde
do 25 de febreiro de 2021 pola que se estabelecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
As presentes medidas extraordinarias serán de aplicación a partir do día 2 de marzo e permanecerán en vigor ata a publicación dun novo bando.
Estabelécense as seguintes

MEDIDAS:
Primeira. Poderanse organizar actividades de ocio e reiníciase a programación cultural do Concello, sempre respectando a cabida máxima permitida e tódalas normas de protección fronte
á COVID-19.
Segunda. Os parques infantís, parques biosaudábeis, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ó aire libre similares permanecerán abertos ó público, respectando a capacidade máxima considerada, que será de 1 persoa por cada 4 m2 de espazo computábel de
superficie do recinto. Estabeleceranse as medidas necesarias para procurar mante-la distancia de seguridade interpersoal nas instalacións. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada. Procederase diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.
Recoméndase o uso do xel hidroalcohólico para a desinfección de mans, de maneira obrigatoria no caso de que existan dispensadores instalados.

Terceira. A biblioteca municipal e o Museo Valle-Inclán retoman a súa actividade e a atención presencial ó público. O límite de ocupación será do 30%, tanto para o uso habitual coma para a realización de actividades culturais. No caso de grupos, ata catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o/a monitor/a ou guía, e deberán estabelecerse as medidas necesarias para procura-la distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes. Os límites de ocupación aplicaranse tamén á realización de actividades culturais nestes espazos.

Cuarta. Nas instalacións deportivas municipais poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen conta-lo monitor ou monitora, sen contacto físico, e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida.
Deberanse estabelece-las medidas necesarias para procura-la distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. A obriga do uso da máscara será exixido en todo o momento durante a realización da práctica deportiva. A actividade deportiva federada vólvese autorizar na Orde do 26 de febreiro e rexerase polos protocolos aprobados para cada
modalidade.

Quinta. Autorízase o uso das dependencias municipais para a realización de actividades culturais, exposicións ou mostras e actividades de formación, como cursos, obradoiros ou outras de análoga natureza, tanto as organizadas dende o Concello coma as que organiza o tecido asociativo. Respectarase a cabida máxima de cada espazo e as actividades serán de catro persoas (sexan ou non conviventes) como máximo, e mailo monitor/a cando sexa necesario. Tal como recolle a Orde do 26 de febreiro, non se autorizan as actividades de canto ou o emprego de instrumentos de vento de maneira presencial. As entidades privadas poderán solicita-lo uso para
a realización de reunións, asembleas ou actividades similares.

Sexta. A oficina de información turística na Casa Mariñeira retoma a atención presencial ópúblico, sempre respectando a cabida máxima e tódalas medidas de protección fronte á COVID-19.

Octava. Autorízase a realización do mercado ambulante dos mércores durante 15 días ó 50% de ocupación, salvo os postos da alimentación, que xa a partir do día 10 de marzo se retomará ó 100%. De cara a mércores 17 de marzo revisarase a situación da pandemia tanto no nivel local, coma no comarcal e no galego, para mante-la restrición do 50% ou proceder a unha ampliación da dita porcentaxe. No caso de que a evolución fose desfavorábel e de que se producise un incremento no número de casos e a incidencia acumulada supere os 250 casos por cada 100 000 habitantes, é dicir, que se estabeleza o nivel de risco máximo, non se autorizará no lugar de instalación habitual, e pasarase nese caso a ocupa-la praza Alcalde Segundo Durán. Baixo estas circunstancias controlarase e cabida máxima, farase obrigatoria a desinfección de mans antes de entrar, vixiarase o cumprimento das normas de prevención fronte á COVID-19 e estabelecerase
un sentido de circulación obrigatorio para as persoas usuarias.
Estabelécense todas estas medidas sen prexuízo doutras que se puideren tomar con posterioridade e de todas aquelas que ditaminaren as autoridades sanitarias, tanto no nivel autonómico coma no estatal.
O que fai público para xeral coñecemento e efectos.

O alcalde

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.