Aprobadas as bases para a concesión de axudas á rehabilitación de edificios en Rianxo

09 Marzo 2021

O Concello de Rianxo continúa co programa de rehabilitación de edificios e vivendas na área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) logo de aprobar as bases reguladoras para a concesión de axudas na oitava fase de dito programa.

A iniciativa deu os seus primeiros pasos no 2009 cando se levaron a cabo 160 obras de rehabilitación. Desta vez as subvencións constan dun total de 57.536 euros e van dirixidas aos núcleos históricos de Rianxo, Fincheira e Rianxiño.

Na actualidade o programa cubriu en case un 20% a área delimitada, situación que provoca que dende o Concello estean negociando a ampliación da área para poder cubrir as necesidades dun maior número de vivendas que no 2009 non entraron no programa.

A oitava fase do programa acollerá nun principio un total de sete actuacións, e destinará un máximo de 15.000 euros por vivenda. O programa comporta case un total de 3 millóns de euros desde o seu inicio. A Xunta, o Estado e os particulares foron os encargados de aportar a gran parte destas subvencións que serven para revalorizar vivendas que en moitos casos estaban deshabitadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...