Amicos convoca aos concellos, as asociacións empresarias e aos cidadáns da nosa comarca para celebrar o Día Mundial do Autismo

22 Marzo 2021

Este 2 de abril conmemórase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e na asociación comarcal Amicos queren darlle á celebración “unha visibilidade especial”, en boa medida polas oportunidades que pon en xogo para mostrar os importantes obstáculos que teñen no camiño da inclusión os colectivos TEA e, tamén, para xuntarmos forzas e tiralos abaixo. Asemade, é unha xornada para achegar coñecemento real sobre este trastorno: “Dende Amicos queremos que todas as persoas se sumen ao azul que é a cor que representa o autismo para que todos contribuamos a súa normalización e derrubemos as barreiras sociais en torno a este espectro”. Deste xeito presentou o programa de actividades Digna Iglesias, vicepresidenta da asociación, que, para a difusión da campaña puxo en marcha varias iniciativas protagonizadas por Juan Pombo, membro de Amicos con trastorno autista.

A axenda será unha axenda de implicación e colaboración.

Así, contarase por exemplo coa adhesión dos Concellos da nosa comarca, que porán pancartas azuis nas instalacións municipais. Deste xeito, os Consistorios de Noia, Porto do Son, Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo farán gala nas súas fachadas dos lemas de inclusión da iniciativa.

Por outra banda, a idea de Amicos é conseguir a máxima cooperación dos comercios, negocios e establecementos de restauración da zona, co fin de que “vistan os seus escaparates de azul” dende hoxe até o 2 de abril. E non só iso, senón que o resultado visual destes escaparates engalanados tamén sexa compartido nas redes sociais e que estas contribucións leven incluídas as etiquetas de Amicos, “así poderemos elixir un escaparate gañador, que levará un premio feito polas persoas da asociación”, explicouse este luns 22 na presentación da iniciativa.

As entidades empresariais que participan finalmente son: a Asociación Boirense de Empresarios (ABE); a Asociación de Empresarios de Ribeira; a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Autónomos da Pobra; a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE); Noia Histórica e, tamén, Deloa: Sar, Barbanza, Muros e Noia.

Na rolda de prensa estiveron presentes o presidente da Asociación de Empresarios de Riveira, Francisco Martínez Gude; o representante da Asociación de Empresarios de A Pobra, Primitivo Caramés; e Tomás Estévez, xerente da Asociación Boirense de Empresarios. “Queremos aportar o noso graniño de área”, aseguraba Primitivo.

Como obsequio aos comercios participantes, entregaráselles unha Guía de Pictogramas imprimíbel para que poidan adaptar cognitivamente os seus establecementos para todas aquelas persoas que teñan dificultades de compresión e comunicación.

Xoán España, director xeral de Amicos, explicaba que a campaña ten unha vertente de visibilización e outra parte institucional para que os comercios adapten as súas instalacións de maneira cognitiva para que as persoas que necesitan apoios poidan telo máis doado: “Queremos conseguir un mundo máis inclusivo”, concluía.

A parte desta suma en azul, estes días farase visíbel a realidade do autismo na web de Amicos e nas súas redes sociais explicando os falsos mitos e estigmas que hai arredor deste trastorno.

Tamén se enviará materiais a máis de sesenta colexios da comarca para que se vistan de azul estas semanas.

Como peche de campaña, a vindeira semana lerase un manifesto nas instalacións do Concello de Ribeira da man do socio de Amicos Juan Pombo. Estará acompañado de outros membros da entidade inclusiva, así como do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e outros concelleiros.

Na foto principal deste texto, de esqueda a dereita:

• Tomás Estévez, xerente da Asociación Boirense de Empresarios.

• Digna, vicepresidenta da Asociación Amicos.

• Gabriel Rodríguez, responsábel de comunicación da Asociación Amicos.

• Juan Pombo, usuario con autismo da Asociación Amicos.

• Primitivo Caramés, representante da Asociación de empresarios de A Pobra.

• Francisco Martínez, o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira.

• Xoán España, director xeral de Amicos.

Outros artigos

Sábado 15, ceos mais cubertos no interior e máis despexados na costa

A xornada deste sábado 15 de agosto, solemnidade da Asunción da Virxe María, traerá un tempo de marcados contrastes á área de Santiago de Compostela e á comarca das Rías Baixas. Mentres que o interior e o norte acusarán o paso dunha fronte con nubosidade a primeiras...

+

Activo un incendio forestal na parroquia de Lesende, en Lousame

O lume orixinouse pasadas as 17:30 horas deste venres e polo de agora descoñécese a superficie provisional afectada. Medio Rural mobilizou un amplo despregamento con catro avións, nove helicópteros e trece brigadas. A.C. Bombeiros Boiro Os servizos de extinción...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.