Amicos celebra o Día da Muller con catro historias concretas de superación e loita

05 Marzo 2021

Aroa Cruces

A Asociación Amicos está a celebrar xa o Día Internacional da Muller (este 8 de marzo) achegándonos historias concretas, con nomes propios, de superación e loita pola inclusión e a igualdade. Xa podemos ver en Twitter e no Facebook breves avances dos testemuños directos de catro mulleres que tiveron que facer fronte a todo tipo de impedimentos para demostrar a súa valía e o seu talento (e tamén para abrir camiño ás que veñan detrás).

Susana Varela

“Dende Amicos”, sinala a entidade con sedes en Boiro e Oleiros (Ribeira), “sabemos que este ano a celebración do 8-M está adicado ás esenciais, as mulleres líderes que loitan por un futuro igualitario, por esta razón quixemos dar voz ás mulleres da nosa asociación, que ademais de atoparse con todo tipo de obstáculos por ser mulleres, tamén teñen unha discapacidade, o que supuxo un atranco extra nos seus camiños”.

Durante estes días, Amicos achega ás redes sociais e á súa web pequenas píldoras dos testemuños de Mercedes Carballo, Susana Varela, Aroa Cruces e Carolina Castro.

A reportaxe ao completo poderémola ver o luns, 8 de marzo e Día da Muller, coa historia íntegra de cada unha delas.

Mercedes Carballo

A historia de Mercedes

Mercedes Carballo, ten 40 anos, padece unha discapacidade auditiva e traballa como capataza na Ecobrigada da asociación. Os traballos forestais seguen considerándose traballos masculinos: “As traballadoras cóntoas cos dedos dunha man“, confesa a capataza. “Nunha ocasión tocáronme dous señores que non querían acatar ningunha orde que viñera dunha muller”, así relata Merche as súas primeiras experiencias laborais. Tamén recoñeceu que sufriu algunha burla polas súas dificultades comunicativas.

Ela ve como un orgullo mirar atrás e ver que todo o posíbel vaise conseguindo pouco a pouco e que as mulleres contribúen a esa obra de cambio.

A historia de Susana

Susana Varela ten tamén 40 anos e atopou en Amicos unha oportunidade laboral, xa que debido a súa discapacidade de colite ulcerosa, provocoulle moitos problemas de saúde e botaba moito tempo de baixa, polo que perdeu o seu anterior emprego. Na asociación traballa como limpadora, un oficio que sigue moi destinado as mulleres: “Eu penso que as empresas seguen preferindo mulleres”, indica Susana.

A historia de Aroa

Aroa Cruces ten 35 anos e traballa na Ecobrigada de Amicos, ten unha pequena discapacidade no nervio óptico. “Houbo unha vez unha brigada que de primeiras non acataba as miñas decisións”, recoñece esta capataza que o pasou mal nun principio, non só polo feito de ser unha muller nun mundo de homes, senón tamén por ser nova. “Pouco a pouco demostrei o que eu valía, fíxenme respectar e acabamos sendo unha moi boa brigada”, así explica Aroa as súas primeiras experiencias no mundo laboral.

Carolina Castro

A historia de Carolina

Carolina Castro, ten unha discapacidade intelectual, ten 28 anos e está estudando no Centro Integral de Amicos para traballar nun supermercado. É consciente que no posto de repoñedor hai máis homes, mentres que nas caixas máis mulleres. Ela manda ánimos ás súas amizades para seguir loitando por unha sociedade máis igual: “Chicas a por todas, que valemos máis do que nos queren facer ver”.

Máis actividades

Amicos desenvolverá actividades ao longo de toda a semana para a concienciación do 8-M. Así, houbo e haberá un importante labor de divulgación e creatividade para pór en valor a mulleres que foron moi destacadas na historia, como a científica Marie Curie a artista Frida Khalo ou a escritora galega Rosalía de Castro, representando en instantáneas, fotos e debuxos o legado destas mulleres. “Con esta campaña”, informa Amicos, “colaboramos para loitar pola igualdade, recadando fondos para crear cursos, itinerarios integradores e proxectos de vivenda para os colectivos que están en risco de exclusión social. Pretendemos seguir loitando pola equidade, con independencia do xénero e dificultades de cada persoa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...