A Xunta apoia a marca Mar de Santiago na súa aposta por un turismo sostible e de calidade vencellado ao Xacobeo

18 Marzo 2021

A Xunta aposta por un turismo sostible e de calidade vencellado ao Camiño de Santiago e ao Xacobeo e, nese contexto, apoia a creación e promoción da marca Mar de Santiago e o seu desenvolvemento por parte dos concellos de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, firmou hoxe cos alcaldes destes catro concellos un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto Mar de Santiago. A finalidade é elaborar un plan de activación turística e márketing dixital e a creación dun selo de calidade que se identifique co itinerario vencellado á chegada dos restos do apóstolo a Galicia; é dicir, coa Ruta do Mar de Arousa e do Río Ulla.

A Xunta, a través da Axencia Turismo de Galicia, destinará algo máis de 120.000 euros a este proxecto, que se enmarca dentro dos obxectivos do Plan estratéxico Turismo de Galicia e que aposta polo turismo de calidade e sostible, pola oferta diferenciada e pola fortaleza de Galicia como destino seguro e da marca Mar de Santiago como modelo de turismo tranquilo.

O Plan de activación turística e márketing dixital busca, ademais da consolidación da marca Mar de Santiago, o desenvolvemento de estratexias de produto que distingan o Camiño de Santiago, a oferta gastronómica, a paisaxe, o turismo rural ou o relixioso, ademais de elaborar un documento para afianzar a marca como destino competitivo con gran valor estratéxico na economía galega.

Alfonso Rueda amosouse convencido de que o plan permitirá coñecer mellor un itinerario “con moito potencial e que ten moito que aportar”. O vicepresidente primeiro mostrouse optimista respecto ás previsións turísticas para o segundo semestre do Ano Santo 2021 e para todo o 2022, convencido de que “moitos peregrinos van vir coñecer as marabillas desta zona”.

A Xunta confía no Xacobeo como motor da recuperación económica de Galicia e na promoción dun modelo turístico de natureza, gastronomía e paisaxe acorde cos obxectivos que pretende o proxecto Mar de Santiago para atraer un perfil de visitante convencido pola oferta diferenciada que ofrece Galicia como destino seguro.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, participara na sinatura do convenio de colaboracion entre a Xunta e os concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira e Valga para levar a cabo o proxecto Mar de Santiago. Na Estacion Marítima

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.